terça-feira, novembro 28, 2006

poesia de LOLI PRIETO RUBIO

NAI TERRA
Coma un espírito dò vento
cunha voz anterga xa esquecida.
Coma un fio infindo dende orixen,
inexplicabel,ancestral e omnipresente.
É o amor pola nai terraa auga,
as chuvias,o monte.
É a paison pola derradeira
bágoadás meigas que choran.
Quero facer un feitizo,
para que miña nai non morrra.
Quero chegar ata o ceo
e soñar novas treboadas
de auga pura.Fuxir entre néboas
tépedas e molladas.
¡ Ata chegar ó rei solsin ser cinza!
¿Cómo pode un espírito do vento
susurrarlle á humanidade basta?,
¿Cómo pode unha árbore
fuxir dá asasina chama?.
¿Podería este fio ancestral
cunha soa cantiga,
voltar azuis os marese a terra limpa?
.Esqueceronse de cantaroxe
as ninfase só escoito o silencio
coma un deserto,un deserto insondable...
que non pode gañar.
máis unha voz moi cativa
paréceme susurrar:
¡Lembra espírito do vento
nás vosas mans está!

Loli Prieto RUBIO