POESÍA DE LOLI PRIETO RUBIO.
NAI TERRA.
Coma un espírito dò vento
cunha voz anterga xa esquecida.
Coma un fio infindo dende orixen,
inexplicabel,ancestral e omnipresente.
É o amor pola nai terra
a auga, as chuvias,o monte.
É a paison pola derradeira bágoa
dás meigas que choran.
Quero facer un feitizo,
para que miña nai non morrra.
Quero chegar ata o ceo
e soñar novas treboadas
de auga pura.
Fuxir entre néboas
tépedas e molladas.
¡ Ata chegar ó rei sol
sin ser cinza!
¿Cómo pode un espírito do vento
susurrarlle á humanidade basta?,
¿Cómo pode unha árbore
fuxir dá asasina chama?.
¿Podería este fio ancestral
cunha soa cantiga,
voltar azuis os mares
e a terra limpa?.
Esqueceronse de cantar
oxe as ninfas
e só escoito o silencio
coma un deserto,
un deserto insondable...
que non pode gañar.
máis unha voz moi cativa
aréceme susurrar:
¡Lembra espírito do vento
nás vosas mans está!
Loli Prieto Rubio.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home