terça-feira, junho 20, 2006

castigo por falar galego

Junta de Castilla y León avala a prohibición de falar galego na escola de Lubián

No 2002, un neno e unha nena recibiron o castigo no colexio deescribir 200 veces "No hablaré gallego en clase"Na escola de Lubián, concello galego-falante pertencente á provinciade Zamora, os nenos e as nenas teñen prohibido falar galego. Asituación non é nova, pois xa no ano 2002 unhas familias denunciaranaos medios de comunicación que un neno e unha nena recibiran o castigopor parte do profesor de escribir duascentas veces "No hablaré gallegoen clase".Na actualidade, a prohibición de utilizar o galego continúa e éxustificada como unha "medida pedagóxica" por parte do director docentro.

A Mesa considera "aberrante" que un profesor poida considerarpedagóxico "minusvalorar e prohibir a lingua propia", pois "ademais deantipedagóxico, supón unha vulneración de dereitos fundamentais".O pasado 6 de xuño, o procurador (deputado) do PSOE Felipe Lubiánpreguntoulle ao Goberno da súa comunidade autónoma por esta situación.
Nese Pleno de las Cortes de Castilla y León, o Consejero de Educaciónavalou e defendeu a prohibición do uso do galego: "En la escuela sehabla castellano y el gallego se habla fuera o en los recreos".O Presidente da Mesa, Carlos Callón, dirixiuse por carta ao Presidenteda Junta de Castilla y León, Juan Vicente Herrera Campo, e aoConsejero de Educación, Francisco Javier Álvarez Guisasola, para llesreclamar que "finalice esta intolerábel prohibición do galego" e secumpra o artigo 4.2 do Estatuto desta comunidade que di: "Gozarán derespecto e protección a lingua galega e as modalidades lingüísticasnos lugares en que habitualmente se utilicen". Ademais, Callón lembraque esta interdición supón ir "contra dereitos humanos elementais,recoñecidos en tratados internacionais subscritos polo Estado español".

A Mesa vai agasallar unha caixa con DVDs, banda deseñada, camisetas,etc, a cada neno e nena de Lubián, para que coñezan diversasproducións culturais que se realizan en galego e para que se "sintanorgullosos da lingua que lles prohiben falar".ArribaNa imprensa'O director castigounos con copiar 200 veces No hablar gallego enclase' [ANT nº 2065, ano 2002]O galego queda fóra do colexio [LVG 02/05/06]A Mesa denuncia que unha escola de Lubián prohibe aos alumnos falar engalego [LVG últ hora 19/06/06]

http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=737