quarta-feira, junho 14, 2006

As medidas para potenciar o ensino infantil en galego, insuficientes segundo a CIG

As medidas para potenciar o ensino infantil en galego, insuficientes segundo a CIG
[14/06/2006 13:02]

O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, solicitou unha entrevista coa conselleira de Educación para analizar a convocatoria de accións para a potenciación do ensino en lingua galega na educación infantil. O sindicato entende que estas accións "non están pensadas, nin debidamente artelladas, para acadar o fin que supostamente se marcan".

Por iso, Louzao esixe unha revisión do documento así como a promulgación dun novo Decreto de aplicación da Lei de Normalización Lingüística ao Ensino que se adapte ao recollido no Plan Xeral de Normalización.

"Conxunto de medidas burocráticas, auténtica carreira de obstáculos, que máis que potenciar, crean unha serie de pexas que dificultarán que os centros se acollas a estas accións". Así define a CIG-Ensino a "convocatoria de accións para a potenciación do ensino en lingua galega na educación infantil" proposta pola Consellaría de Educación.Segundo o sindicato, trátase dunha proposta "perversa" xa que esixe o cumprimento de numerosos requisitos para poder acollerse á impartición das aulas en lingua galega e non estabelecen medidas de reforzo, nin con profesorado, nin con recursos. Así, no escrito que Anxo Louzao mandou á conselleira denuncia que é "inaceptábel" que a consellaría se desentenda totalmente da normalización lingüística no ensino, incumprindo o propio programa de goberno, trasladándolle a responsabilidade planificadora dun tema tan relevante á comunidade escolar.Profesorado interino e substituto Hoxe celebrarase unha concentración de delegados e delegadas a negociación dun acordo de estabilidade e melloras nas condicións retributivas e laborais do colectivo.

Segundo Anxo Louzao, de momento non está programada unha nova Mesa Sectorial, aínda que anunciou que a Consellaría ten a intención de convocar unha a próxima semana na que non ten previsto tratar o acordo de estabilidade. Un novo paro de todo o colectivo está convocado para o próximo día 20 de xuño. Mentres, continúa o peche indefinido e ininterrompido que profesorado interino e substituto está a levar a cabo no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.