sábado, novembro 21, 2009

REFLEXIÓIS DE TOPONIMIA GALEGA-BERCIANA.


REFLEXIÓIS DE TOPONIMIA GALEGA-BERCIANA.

polo ancarés Aquilino Poncelas Abella.


As miñas consideraciois van ter máis que ver con razois personais e sociais que históricas ou filolóxicas, pois astora non teño tempo nin documentos abondo como pra profundizar nesto. Sabedes millor que eu que documentos non faltan, mais ¿quer eso decir que o que eilí aparece representa a fala da xente nese momento? Claro que non ou, por decilo de maneira menos taxativa, pode representar unha aportación máis e nin siquera a de máis valor. Se buscamos o nome de Teixeira (o meu lugar) poida que non apareza cáseque con esta grafía ata hai pouco e en contadas ocasiois. Nin en mapas do exército ou documentos catastrais aparece co nome en galego. Así logo colquera, basándose neso, pode defender que en Teixeira non se fala galego e polo tanto o nome debe ir en castelá. Digo Teixeira como podía decir Devesas (Dehesas nome oficial) hoxe un barrio de Ponferrada. Pero eu teño grabaciois da fala de eilí na que o nome que aparece é Devesas.Polo tanto, é a tradición oral (consérvese ou non unha ou outra lingua) a que debe mandar á hora da toma de decisois.


Penso que pra a recuperación dos nomes orixinais o millor sistema sería dende unha lei comarcal que dara cobertura legal ás aprovaciois máis atrás dos concellos (Non sei se habería que facer algunha modificación no Estatuto de Castela e León). Digo esto porque se a iniciativa ten que vir das maos dos concellos (sacado nalguis casos) non daría nunca chegado a bon cabo. Esto ten que ver ca falta de compromiso, complexo e o pouco prestixio que esta fala sigue tendo en parte de galegofalantes do Bierzo.


Despois sempre sería millor (esto ten máis que ver cunha táctica sociolóxica que outra cousa) empezar con poñer os nomes en bilingüe, sería unha maneira de conxurar máis que posibles ataques. Enténdese que neste traballo o proceso habería de tar dirixido ou axudado por persoas preparadas (estudiosos, Academia da Lingua Galega, Instituto Superior de Investigaciois Ciéntíficas, Academia da Llingua Asturiana, caso de entrar no dominio leonés, etc.).


O troque de nomes en tempos diferentes e distintas administraciois da como resultado que apareza Aira de Pedra (quiciabes o escribano ou responsable non daron ca traducción axeitada) e que Ponte de Rei acabara na oficialidades de Puente de Rey. Ou que en mapas aparezan nomes traducidos como Piedra Caballar por Pedra Cabalar ou Balongo (sen verter a outra lingua), ou traducciois atrevidas como Río de Meco por Rudimeu. Todo sen xeito e arbitrario.


É polo tanto tempo de poñer orde a tanta arbitrariedade e capricho, de volvelos topónimos co sou verdadeiro significado e sentido e ás persoas o direito fundamental de chama-las cousas polo sou nome, o que eles recibiron e siguen conservando. ¿Cómo entender que Teixeira, Veiga ou Vilar sigan sen aparecer no mapa? ¿Onde queda o respeto e protección das falas minoritarias e polo tanto dos sous falantes?

Novembro de 2009.

1 Comments:

At 5:15 da tarde, Blogger cochiqui said...

Adiante co voso traballo, que vexo que dou os seus froitos, un saudo dende Bergantiños.
http://ocortellodalaracha.blogaliza.org/

 

Enviar um comentário

<< Home