INFORMACIÓIS DE CARLOS JOSÉ PÉREZ TEIJÓN
INFORMACIÓIS DE CARLOS JOSE PÉREZ TEIJÓN DENDE CATALUNYA.
O noso colaborador de orixe berciana, Carlos José Pérez Teijón, remésanos novas informacióis dende Lléida. Imos analizalas segundo a localización xeográfica das notas de prensa. Por suposto pedimos desculpas por non poder incluír a totalidade da citada información por falta de espazo, e damos as grazas de novo ao seu autor.
A VAL DE ARÁN.
O colectivo Lengua Viua representou obras de teatro en aranés, “Auem un Ihadre en otèl” (temos un ladrón no hotel) e “Era mainada se mos maride” (la niña se nos casa). Esta conocida Serada Teatrau trata de fomentar o uso social do aranés, tamén organizan A Corsa Arán per Sa Lengua.
GALIZA.
O Plano de Promoción do Galego no ensino pretende que en infantil se use a lingua materna, tendo en conta a lingua da contorna e garantindo que o alunado adquira coñecementos da outra lingua oficial de forma oral e escrita. O alunado de primaria terá 50% da docencia en galego, impartíndose obrigatoriamente neste idioma as materias de Matemáticas, Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural así como Educación para a Cidadanía. En ESO tamén se manterá este mínimo do 50%, e serán en galego Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Matemáticas e Educación para a Cidadanía.
NAFARROA.
Os cambios na liña política do Goberno Foral de Nafarroa posibilitan que se potencie o fomento do éusquero no territorio non vascófono. Lembremos que a Comunidade Autónoma está dividida en tres territorios a nivel lingüístico, a saber: vascófono, intermedio e non vascófono. O Goberno Foral financia a impartición do éusquero no territorio non vascófono, para o período 2006-2010. Ademais fomenta a lingua vasca entre os docentes da súa Comunidade Foral.
ASTURIES.
Os sindicatos asturianos reivindican un mellor tratamento no currículum educativo do asturiano. A administración educativa pretende dar ao bable un tratamento igual ao da materia de relixión, a través da “atención non educativa”. Segundo os sindicatos non hai ningún control sobre o que poderán facer os centros co asturiano, e pode haber un descenso na demanda de asturiano.
CATALUNYA.
Continúa a polémica polo Real Decreto de ensinanzas mínimas da educación primaria que obriga á terceira hora de idioma castelán. O Tribunal Constitucional admitíu a trámite o conflito positivo de competencias do Governo Catalán contra dita norma. A plataforma Pel catalá a L`escola pide a insumisión dos mestres “porque afecta negativamente aos programas de inmersión lingüística, dado que racha a coherencia pedagóxica e social” e “ignora o modelo de escola catalá en lingua e contidos, adoptado no Principado durante os últimos 30 anos co consenso e o apoio da sociedade civil”.
EUSKADI
A Lei da Escola Pública Vasca de 1993 estableceu os modelos lingüísticos A (básicamente en castelán co éusquero como materia específica), B (bilingüe) y D (en éusquero co castelán como materia). Os debates actuais pola reforma do modelo educativo vasco fixan as posicióis dos partidos políticos. O PNV aposta por un modelo plurilingüe cunha lingua de ensino e aprendizaxe principal que sería en todos os casos o éusquero, co castelán tamén como lingua vehicular para adquirir “a competencia formal”. Isto concrétase nun nivel B1 que permite comprender o discurso normal, participar en conversacióis sobre temas habituais e escribir textos sinxelos en éuscaro e castelán ao rematar o ensino Primario. Ao concluír o ESO os escolares vascos deberían acreditar un nivel B2, similar ao título expedido polas Escolas Oficiais de Idiomas (o “First” do ensino do inglés). O PP vasco quere con carácter obrigatorio o modelo D (básicamente en éusquero co castelán como materia) para todo o alunado. El PSOE segue un modelo trilingüe, cun B2 para a lingua materna e un B1 para la que no es la familiar.
ARAGÓN.
O Secretario Xeral do sindicato Comisióis Obreiras de Aragón reivindica o Estatuto do Docente que pretende “homoxeneizar as condicióis laborais de todas as comunidades autónomas (…)”. Polo que toca a Aragón, pídese que se teñan en conta no citado Estatuto as propias peculiaridades, que pasan polas linguas minoritarias que se falan na Faixa Oriental e no Pirineo. Preténdese que se forme ao profesorado námbolas dúas linguas, catalán e aragonés, así como incentivar aos docentes que se comprometan co medio rural.
1 Comments:
¿Y por que no este mapa?
http://www.tesorillo.com/hispania/imagenes/hispania4.gif
que en caso de que haya tortas cuantos más seamos, mejor
Y sino un mapa para cada vecino de mi portal que no nos llevamos bien
Enviar um comentário
<< Home