EMENDAS AO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN DE FALA CEIBE D´O BIERZO.
EMENDAS AO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN
DE FALA CEIBE D´O BIERZO.
DE FALA CEIBE D´O BIERZO.
falaceibe@yahoo.es
A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (www.ciberimandade.org/falaceive) presenta dúas emendas ao proxecto de Lei Orgánica de reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León, que se tramita na Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados. As dúas emendas teñen relación c´O El Bierzo; a primeira sobre maior protección xurídica do idioma galego e a segunda sobre o recoñecemento institucional do Consello Xeral. Estas propostas serán remesadas aos partidos políticos con representación na dita Comisión Constitucional.
1ª. EMENDA DE MODIFICACIÓN do artígo 5.3 do proxecto de reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León, que tal di: "gozará de respecto e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utiliza".
Texto alternativo proposto:
"O galego é idioma propio e oficial nos municipios limítrofes con Galiza. Unha lei regulará as zonas de uso, os dereitos de utilización polos falantes ante as administraciois públicas e as medidas de protección é fomento nos diversos ámbitos sociolingüísticos".
Razoamento desta emenda lingüística:
O idioma galego fálase nos territorios d´O Bierzo occidental e da Alta Seabra dende a Idade Media. Resulta de xustiza que o ordenamento xurídico recoñeza e ampare esta realidade cultural e lingüística singular no propio Estatuto de Autonomía de Castela e León. Malia ser unha lingua minoritaria na Comunidade Autónoma, pois conta con 40000 falantes, non debe ser discriminada respecto ao maioritario idioma castelao. Hai que protexer máis aos seus falantes mediante a concesión de dereitos lingüísticos, e isto só se pode facer axeitadamente a través da declaración de cooficialidade.
A protección de linguas minoritarias en pequenas zonas, non coincidentes coa totalidade dos territorios das Comunidades Autónomas, xa se ten realizado notras partes do Estado español. Lembramos que o éusquero foi declarado oficial na zona norte de Nafarroa (artigo 9 da Lei Orgánica 13/1982, de 10 de agosto), e que o mesmo reconñecemento legal ten a lingua aranesa no Estatut de Catalunya (artigo 6.5 da Lei Orgánica 6/2006, de 19 de xullo). Visto o visto, non existe ningún problema legal para a fixación do correspondente mandato estatutario sobre a declaración de cooficialidade para o idioma galego de Castela e León, só falta a vontade política afirmativa representada nas Cortes Xerais.
2ª. EMENDA DE ADICIÓN ao artigo 45, do proxecto de reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León.
Texto alternativo:
"Artigo 45.2. Recoñécese a entidade territorial d´O Bierzo por mor da súa peculiar caracterización xeográfica, histórica, social e lingüística. O seu secular proceso institucional concrétase no goberno propio a través do Consello Xeral. O territorio manterase como circunscrición específica en calquera ordenación administrativa ou electoral xeral".
Razoamento desta emenda institucional:
O Preámbulo do proxecto de moficación do Estatuto de Autononía de Castela e León "recoñece a pluralidade e singularidade dos seus territorios, entre os que se atopan realidades como a Comarca d´O Bierzo cunha prolongada traxectoria institucional (...)". Certa é esta afirmación estatutaria porque O Bierzo foi condado, tenencia e meirindade, durante a Idade Media, posteriormente foi declarada provincia dende finais do século XV, continuado proceso provincial que culminou en 1822 coa constitución da provincia de Vilafranca d´O Bierzo. Malia este final institucional as demandas descentralizadoras continuaron sendo apoiadas maioritariamente pola cidadanía ata a actualidade. Consecuencia desta mobilización social foi a concesión da institución comarcal en 1991.
Dende ese ano O Bierzo recuperou un certo recoñecemento xurídico, a través da Lei de Castela e León 1/1991, de 14 de marzo, pola que se crea e regula a Comarca d´O Bierzo. Sendo a única comarca desta Comunidade Autónoma con regulación legal. Esta singularidade institucional d´O Bierzo, admitida polo ordenamento autonómico de Castela e León, debería ter a súa concreción no Estatuto de Autonomía, no seu articulado, no Título III, de Organización Territorial, e non soamente no dito Preámbulo. Só así se compensaría parcialmente a O Bierzo pola perda do seu estatus provincial e se respectaría a súa peculiar tradición institucional.
Pola outra banda, a singularidade d´O Bierzo non se corresponde axeitadamente cunha institución comarcal. Trátase dun territorio, rexión natural, formado por varias comarcas. Velaí que resulten máis precisas as denominaciois "entidade territorial" e "Consello Xeral" para o seu órgano de goberno. Ademais O Bierzo debe ser recoñecido como circunscrición específica, en calquera ordenación administrativa ou electoral xeral da Comunidade Autónoma, en aplicación de equitativos criterios de proporcionalidade e representatividade.
O Bierzo, abril de 2007.
Xabier Lago Mestre, Pte. de Fala Ceibe do Bierzo.
http://obierzoceibe.blogspot.com
falaceibe@yahoo.es
Tfno. 695344293 (tardes)

1 Comments:
40000EN EL BIERZO?? QUE LOS CONTASTEIS UNO A UNO?? JAJAJA. PERO QUE ANALES QUE SOIS. QUE RIDICULOS.
Enviar um comentário
<< Home