quarta-feira, abril 15, 2009

NOVA VISITA DE ESTUDANTES BERCIANOS A GALIZA




VISITA DE ESTUDANTES BERCIANOS A GALIZA,
Por Xabier Lago Mestre, Fala Ceibe d´O Bierzo.





Por mor do Protocolo para o ensino do galego n´O Bierzo, sinado entre a Xunta de Galiza e a Junta de Castela e León, máis de 100 estudantes da materia de galego visitan a Comunidade Autónoma de Galiza. Ao longo desta terceira semana de abril o alunado berciano percorrerá diversas ciudades galegas. A organización desta viaxe cultural está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.



Esta viaxe escolar pretende achegar a realidade lingüística e cultural de Galiza ao alunado berciano que estuda galego na nosa rexión periférica dende o ano 2001. Tamén se quere un contacto directo entre os escolares bercianos e galego para que practiquen o seu idioma común con total naturalidade. Coñecer o patrimonio histórico, arquitectónico e etnocultural de Galiza vai ser de grande interese para o noso alunado, deste xeito poderán atopar moitas semellanzas patrimoniais comúns. A visita a diversas ciudades galegas vai suponer a todos e todas unha viaxe inesquecible e moi enriquecedoira.



A delegación berciana estará composta por cativos e cativas de 10 a 12 anos, e mozos e mozas de 13 a 17 anos. Alunado dos centros escolares de Toural dos Vaos, Toural de Merais, A Ponte Domingo Flórez, Vilafranca, Cacabelos e Ponferrada. Dende logo que moitos compañeiros, deste alunado que visita Galiza, e que restan nos seus colexios, vai sentir envexa positiva dos estudantes que teñen agora este premio viaxeiro. Porque, a quen non lle gusta viaxar a Galiza?. En fin, estas actividades extraescolares son moi necesarias para o estudantado berciano que aprende galego neste curso 2008-09, e deben potenciarse cada curso máis.