FALTA DE INFORMACIÓN ESCOLAR SOBRE O ENSINO GALEGO NO BIERZO
CARTA-QUEIXA DE FALA CEIBE DO BIERZO
AO PROCURADOR DO COMÚN DE CASTELA E LEÓN
(VALEDOR DO POBO REXIONAL)
SOBRE A FALTA DE INFORMACIÓN ESCOLAR
EN MATERIA DE ENSINO DO GALEGO.

falaceibe@yahoo.es
A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (www.falaceibe.tk) remesa Carta-queixa ao Procurador do Común de Castela e León sobre a falta de información escolar, en materia de ensino do idioma galego en O Bierzo, por parte da Dirección Provincial de Educación de León. Consideramos moi grave que se oculte deliberadamente á comunidade escolar en xeral a posibilidade que hai de estudar galego de forma voluntaria nos centros escolares de O Bierzo.
Fala Ceibe denuncia de novo a intencionalidade manifesta e continuada, por parte da dita Dirección Provincial de Educación de León, de non informar axeitadamente sobre a actual oferta escolar do ensino da lingua galega en O Bierzo. A nosa demanda baséase no contido na “Guía del estudiante del Curso 2005-2006”, referida á oferta escolar da provincia de León, editada pola Junta de Castela e León. No interior desta dita Guía oficial xorde a relación de todos os centros educativos públicos de ensino infantil e primaria (da páxina 17 á 21) e mailos correspondentes institutos (da páxina 32 á 38). Pois ben, en todos aparece unha completa información de diversos servizos que se presta en cada un de eles. Incluso nalgúns centros se indica tamén que contan co correspondente profesor de portugués. Sen embargo, en ningún deles xorde a referencia a que se imparten actualmente clases de idioma galego. A única excepción a este deliberado ocultamiento lingüístico é o caso da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, na páxina 49 da comentada “Guía del estudiante” aparece a referencia a que se imparten 1º e 2º de Galego.
Fala Ceibe denuncia un curso máis a falta de obxectividade por parte da Dirección Provincial de Educación de León á hora de informar adecuadamente sobre a real oferta educativa da materia optativa de idioma galego nos centros escolares de O Bierzo. Neste sentido teimamos en que a Resolución do Procurador do Común de Castela e León, de febreiro de 2002, xa nos deu a razón á hora de facer unha demanda informativa semellante. Cómpre lembrar agora a todos e todas o contido concreto desta anterior Resolución da Oficina do Procurador do Común. No punto 5 das conclusiois dese documento (páxinas 5 e 6) lemos o seguinte. “Que se realice desde la Consejería, previamente a la finalización del curso 2001-2002, una campaña informativa sobre el Acuerdo de Cooperación entre la Xunta de Galicia y la Junta de Castilla y León para la promoción del idioma gallego en los territorios limítrofes de las Comunidades Autónomas, con el fin de que todos aquellos centros docentes que estén interesados puedan tener conocimiento de la posibilidad de impartir la enseñanza de la lengua gallega en el próximo curso 2002-2003”.
Fala Ceibe dirixese ao Procurador do Común Castela e León para que valore se esta insuficiente información sobre a actual oferta educativa, da materia voluntaria de lingua galega nos centros escolares de O Bierzo, contida na dita “Guía del estudiante” debe ser completada e actualizada para o curso 2006-2007. Pedimos á Oficina do Procurador do Común que inste á Consejería de Educación, da Junta de Castela e León, a que cumpra coa obliga legal de informar obxectivamente sobre a real oferta escolar pública nos centros escolares da provincia de León.
Ponferrada, luns 24 de abril de 2006.
Asociación Fala Ceibe do Bierzo.
Apdo. postal 257, 24400 Ponferrada.

http://obierzoceibe.blogspot.com
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home